lunes, 30 de septiembre de 2013

BAÑOS ÁRABES


Podes consultar a péxina 103 do libro antes de contestar ás preguntas
Por que cres que eran tan importantes os baños públicos nas cidades musulmanas?
Quen os usaba? Como?
Que partes tiñan?
Busca información sobre as termas romanas e sinala os parecidos entre os baños árabes e as termas romanas. A que cres que se poden deber?

Baixa o documento coas preguntas pinchando aquí. Unha vez cuberto debes envialo ao profesor.

sábado, 28 de septiembre de 2013

A VIVENDA


Despois de ver o vídeo contesta a estas preguntas. Podes buecar máis información.
Por que cres que as casa tiñan os muros grosos o moi poucas ventás cubertas de celosías?Por que tiñan o teito plano formando unha terraza? Para que a usaban?
Como eran as casa dos máis ricos?
Que é o Harem?

Baixa o documento aquí. Despois de contestar as preguntas envía o documento ao profesor

A RELIXIÓN ISLÁMICA

Corrixe a actividade 10 despois de ver este vídeo 

miércoles, 15 de mayo de 2013

LECTURAS


Autores: Carlota e Arturo Pérez-Reverte
Ilustracións: Joan Mundet

Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII.
Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado.
Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes:
No capítulo 'El portillo de las ánimas', cando Íñigo de Balboa sae na defensa do capitán e dispara a un dos atacantes, xa que me parece un acto de valentía moi emocionante pola reacción seca pero no fondo agradecida do capitán, máis tratándose dun neno de 13 anos quen lle salvou a vida.
E tamén ao final do libro, no último capítulo 'El sello y la carta', xa que se ve cómo finalmente a valía e o coraxe de Diego Alatriste son recompensados ata polos altos cargos, a quen lles sería máis cómodo desprecialo e ignoralo coma se non pasase nada.

É unha obra moi recomendable, aínda que quizais para maior idade, xa que pese a ter un argumento non moi complicado, algunhas expresións ou ironías que se usan non son fáciles de captar para os 13 anos, dende o meu punto de vista. Pero é un libro sobre todo moi interesante polo ben que retrata a época.


Eva Fernández Paderne, 2º A

martes, 2 de abril de 2013


FIXATE NO PRIMEEIRO MAPA
Que terras falta por que?
Cales están mellor trazadas? Por que?
Cales están peor trazadas? Por que? Que información tiñan os europeos desta época sobre esas terras?
Poderias indicar de que época es este mapa?

FÍXATE NO SEGUNDO MAPA
Indica as diferencias
Poderías indicar as data deste mapa? Argumenta a túa resposta?



domingo, 31 de marzo de 2013

AS VIAXES DE COLON

Despois de ver os vídeos contesta ás preguntas
Que tipo de barcos leva Colon? Por que?
Que tipo de barcoera “la Gallega”? Que problema tiña?
Que terras descubre Colón nas súas viaxes?
Para saber máis pincha aquí e contesta as seguintes preguntas
Por que viaxou cara ó sur ata as canarias?
Canto durou a viaxe?
Por que algunhas persona sabias da época non apoiaban o proxecto de Colón
Mas información en
http://www.elhistoriador.es/descubrimientoinstrumentos.htm
http://olmo.pntic.mec.es/jtac0001/historia/exploradores/colondos.htm






lunes, 25 de febrero de 2013

RECONQUISTA

Nestes dous vídeos tes sendas explicacións da reconquista, unha máis detallada. Le a información do libro e logo podes ver os videos

RECONQUISTA BREVE

RECONQUISTA LONGO


artehistoriacom

miércoles, 6 de febrero de 2013

ALMANZOR


Despois de ver o vídeo contesta ás preguntas
  1.  Ata onde chegaron os ataques de Almanzor?
  2. Como o chamaban? Cres que é un alcume apropiado?
  3. Por que se acompañaba de poetas e músicos nas súas campañas?
  4. Que pasou trala súa morte?
  5. Que son os reinos Taifas?




Framento de Memoria de España, seros de RTVE. Se queres ver o capítulo completo podes ir a páxina de RTVE (picha aquí). Non está mal para repasar o tema 6 e parte do 7 dun xeito diferente. seguro que agora o entendes mellor

martes, 5 de febrero de 2013

CONQUISTA MUSULMANA

Despois de ver o vídeo contesta ás preguntas

  1. Cal era a capital do Imperio Islámico?
  2. Cando chegan os musulmáms a Península?
  3. Quen os dirixe? De onde proceden a maioría dos invasores? Cantos son?
  4. Canto tempo tardaron en conquistar  todo o reino Visigodo?
  5. Por que foi tan rápida? Que circustancias favoreceron a conquista?

lunes, 4 de febrero de 2013

LIBROS


Título: Y le llamaron Colón
Autor: Jordi Sierra i Fabra
 Me parece una novela entretenida, amena y tierna en la que se cuenta una historia de amor entre dos jóvenes y en la que siempre está presente la idea de Cristóforo de descubrir nuevas tierras al mando de su propia nave. Trata también algunos valores como la amistad, el respeto, la caridad, el altruismo... Os recomiendo su lectura, seguro que pasaréis unos momentos agradables.

Sara Campos González   2ºESO B

lunes, 28 de enero de 2013

LIBROS


    Autora :Thea Beckman
    Ilustradores: J. M. Navia e Yolanda Álvarez
    Editorial: SM
Este libro cóntanos a historia de Dolf, un rapaz do S. XXI que é teletransportado ao ano 1212. Alí vese inmerso nunha cruzada infantil na que vive aventuras inesquecibles e descobre verdadeiros valores que na súa vida real non vivía, entre os que destaca a amizade e a lealtade. Para sobrevivir todos teñen que coidar de todos, colaborar e ser solidarios. Paréceme moi recomendable porque ademais de estar ambientada na Idade Media e tratar diversos aspectos sobre esta época, exprésanse claramente valores, hoxe en día infravalorados, como a lealtade ou amizade dun xeito moi especial.
Recomendo este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes o propio personaxe.

Eva Fernández Paderne – 2º ESO A- Nº 6

martes, 22 de enero de 2013

NOVIDADES DA ARQUITECTURA GÓTICA


Atende e respode:

Quen encarga a construción da Catedral?
Con que diñeiro se fai?
Cales son as principais novidades da arquitectura gótica?
Que vantaxes ten o arco apuntado e a bóveda de crucería?
Por que facían edificios altos e con moitas ventás?
Explica as diferencias entre a arquitectura gótica e a románica. Podes  recordar as caranterísticas da arquitectura románica pinchando aquí


artehistoriacom

 
artehistoriacom

lunes, 21 de enero de 2013

LIBROS


Título: La espada y la rosa
Autor: Antonio Martínez Menchén
 Este es un libro recomendable e interesante para adquirir algunos conocimientos sobre la Edad Media y para acercarnos a algunas formas de vida de aquella época; además parte de la historia se desarrolla en el Camino de Santiago. En la obra también hay misterio en torno al origen de los dos protagonistas, Moisés y Gilberto, y aventuras.
  
Sara Campos González   2ºESO B

miércoles, 16 de enero de 2013

A CRISE DO s. XIV E OS XUDEUS

DESPOIS DE VER O VÍDEO CONTESTA
Que é un pogromo?
Por que culpaban os xudeus?
Como obtiñan as "probas"?
Onde atoparon refuxio algúns xudeus?
Que é o antisemitismo?

lunes, 14 de enero de 2013

CRISE SÉCULO XIV

Redacta unha explicación da crise do século XIV usando o esquema como guía. Tes que incluír todos os conceptos do esquema





Compara o mapa das rutas comerciais co da difusión da peste. 




Para saber máis


viernes, 11 de enero de 2013

PESTE

Neste documental podes atopar información interasnte sobre a peste
Baixa o documento coas indicacións para facer o traballo
Para facer a  preme aquí 
Para facer a  preme aquí