Autores: Carlota e Arturo
Pérez-Reverte
Ilustracións: Joan Mundet
Diego Alatriste é un soldado
que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu
inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe
coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre
outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta
pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de
aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII.
Aínda que cada personaxe me
parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida
foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as
súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos
seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado.
Hai moitos momentos que me
gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes:
No capítulo 'El portillo de las
ánimas', cando Íñigo de Balboa sae na defensa do capitán e dispara a un dos
atacantes, xa que me parece un acto de valentía moi emocionante pola reacción
seca pero no fondo agradecida do capitán, máis tratándose dun neno de 13 anos
quen lle salvou a vida.
E tamén ao final do libro, no
último capítulo 'El sello y la carta', xa que se ve cómo finalmente a valía e o
coraxe de Diego Alatriste son recompensados ata polos altos cargos, a quen lles
sería máis cómodo desprecialo e ignoralo coma se non pasase nada.
É unha obra moi recomendable,
aínda que quizais para maior idade, xa que pese a ter un argumento non moi
complicado, algunhas expresións ou ironías que se usan non son fáciles de
captar para os 13 anos, dende o meu punto de vista. Pero é un libro sobre todo
moi interesante polo ben que retrata a época.
Eva Fernández Paderne, 2º A