Sociais 2
miércoles, 15 de febrero de 2017
lunes, 13 de febrero de 2017
ROMÁNICO: ACTIVIDADES
O ROMÁNICO: ACTIVIDADES
Despois de ver o vídeos e ler a información do libro contesta
1-. Indica os elementos máis cracterístico da arquitectura románica
3-. A arquitectura
3-. A arquitectura
- Por que cubrían as
igrexas con bóvedas de canón? Que problema podía ter este tipo de cuberta
- Por que os muros
das igrexas románicas eran grosos e con contrafortes
- Como eran as ventás
dos edificios románico? Por que? Como sería o interior?
- Como eran as
plantas máis habituais? Por que?
- Para que podería
servir o deambulatorio?
4-.
Sinala as cinco características máis destacadas da escultura románica
5-. Por que dicimos que a
escultura románica tiña unha finalidade
educativa e relixiosa
6-. Fíxate
na imaxe. Indica que caracteríticas da escultura románica podes
observar
8-.
Que tipos de pintura atopamos no románico. En que se diferencia
domingo, 22 de marzo de 2015
CULTURAS PRECOLOMBIANAS
1-.
LE A INFORMACIÓN DAS PÁXINAS 144-145 E
CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS (BUSCA INFORMACIÓN FORA DO LOBRO SE O
NECESITAS)
1.1-.Indica
en que paises actuais se desenvolveron as civilizacións Maias,
Azteca e Inca e sinala as datas
1.2-.
Cal das tres estaba en decadencia cando chegaron os Españois? Cal
era a causa?
1.3-.
Cal chegou a formar o maior imperio da América Precolombiana
1.4-.
Os aztecas estaban en plena expansión cando chegaron os Españois.
Que pasaba cos pobos vencidos? Cres que os españois terían
dificultades para conseguir aliados contra os Aztecas?
1.5-.
Indica dous elmentos comúns da organización social das tre
civilizacións
1.6-.
Cal era o cultivo máis extendido na América Precolombiana. Sinala
outros cultivos comúns as tres civilizacións e algún que sexa
particular dalguha delas
1.7-.
Que medios de transporte utilizaban?
1.8-.
Como eran as súas armas?
1.9-.
Indica o aspecto que mais te chamou a atención de cada unha destas
ciovilizacións e busca información sobre o mesmo fora do libro
Podes ver estes vídeos. Para ter mái información segue os enlaces
http://elgrantenochtitlan.blogspot.com.es/
http://revistea.com/historia/la-gran-ciudad-azteca-de-tenochtitlan/
miércoles, 28 de enero de 2015
LECTURAS DO ALUMNADO
AUTOR:
JORGA DEE BARNOLA
EDITORIAL
ROMPECABEZAS, COLECCIÓN SABELOTODOS
Boabdil
o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o
último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte
paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta
fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela.
Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o
último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un
pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa
que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle
os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos
lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás,
na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo
e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta
é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal
destino ….
Esta
historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en
xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a
min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida
desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo
que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que
cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....
IREA CALVO, 2º ESO A
miércoles, 14 de enero de 2015
LECTURAS DO ALUMNADO
AUTOR:
THEA BECKMAN
EDITORIAL:
SM
Este
libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía
en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero
só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu
conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a
outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón
fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os
cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar
aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle
a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era
Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se
tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois
foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me
gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou
pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos
nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os
cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque
estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a
Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería
iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron
para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron
co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da
igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla
a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi
deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro.
A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten
suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.
MÓNICA FILGUEIRAS 2º A
lunes, 12 de enero de 2015
LECTURAS DO ALUMNADO
AUTOR:
Walter Scott
EDITORIAL:
Anaya
COLECCIÓN:
Clásicos a medida
A
novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de
León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama
saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do
final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero
non só relata este amorío, senón que fala da historia de
Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun
momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés.
No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os
pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu
irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde
fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A
min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de
León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas
habilidades coa espada e o arco respectivamente.
Eu
recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a
época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como
era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder.
Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes
con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás
para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume
bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para
saber como eran outras épocas.
Lucia Campos 2º ESO B
lunes, 1 de diciembre de 2014
A CIDADE MEDIEVAL
Despois
de ver os vídeos e de ler a información do librocompra a cidade cristiana e musulmana, indicando diferenzas e
semellanzas
miércoles, 15 de octubre de 2014
AL-ANDALUS: SOCIEDADE E CULTURA
Despois de ver o vídeo e ler o apartado 03.3 e 03.4 do libro (pax50-51) contesta ás
preguntas
- Que grupos musulmáns formaban a sociedade de Al-Andalus? Cal deles tiña unha mellor situación social? Cal cres que era o máis numeroso?
- Que grupos non musulmáns había?
- Como se chaman os cristiáns convertidos ó islam? Que vantaxes podía ter para un cristián converterse ó islam?
- Fíxate na información sobre a cidade: Que é a Medina? Que son os arrabaldes? Que é unha alcaicería?
- Resume as principais caracteríticas da economía en Al-andalus
- Indica algunha aportacións importantes do islam a economía e a cultura da Península Ibérica?
Framento de Memoria de España, seros de RTVE. Se queres ver o capítulo completo podes ir a páxina de RTVE (picha aquí). Non está mal para repasar o tema 6 e parte do 7 dun xeito diferente. seguro que agora o entendes mellor
domingo, 16 de febrero de 2014
IRMANDIÑOS
DESPOIS
DE VER O VIDEO E LER O LIBRO CONTESTA
- Por que se forman a Irmandades?
- Que obxectivos teñen?
- Quen forma as Irmandades?
- Por que apoia o rei ás Irmandades?
- Que fixeron os grandes señores ante as demandas dos irmandiños?
- Por que atacaban ás fortalezas? Cantas derrubaron?
- Como recuperou a alta nobreza o control das súas terras? Que fixeron cando recuperaron o poder?
- Hai algunha revolta parecida nalgunha outra parte da península nesta mesma época? Onde? Que a protagoniza? Como acaba?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)