domingo, 22 de marzo de 2015

CULTURAS PRECOLOMBIANAS

1-. LE A INFORMACIÓN DAS PÁXINAS 144-145 E CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS (BUSCA INFORMACIÓN FORA DO LOBRO SE O NECESITAS)

1.1-.Indica en que paises actuais se desenvolveron as civilizacións Maias, Azteca e Inca e sinala as datas

1.2-. Cal das tres estaba en decadencia cando chegaron os Españois? Cal era a causa?

1.3-. Cal chegou a formar o maior imperio da América Precolombiana

1.4-. Os aztecas estaban en plena expansión cando chegaron os Españois. Que pasaba cos pobos vencidos? Cres que os españois terían dificultades para conseguir aliados contra os Aztecas?

1.5-. Indica dous elmentos comúns da organización social das tre civilizacións

1.6-. Cal era o cultivo máis extendido na América Precolombiana. Sinala outros cultivos comúns as tres civilizacións e algún que sexa particular dalguha delas

1.7-. Que medios de transporte utilizaban?

1.8-. Como eran as súas armas?

1.9-. Indica o aspecto que mais te chamou a atención de cada unha destas ciovilizacións e busca información sobre o mesmo fora do libro

2-. FAIS AS ACTIVIDADES DA PÁXINA 155
Podes  ver estes vídeos. Para ter mái información segue os enlaces
http://elgrantenochtitlan.blogspot.com.es/
http://revistea.com/historia/la-gran-ciudad-azteca-de-tenochtitlan/



1 comentario:

  1. Ola Santi! Son Eva de 2º A

    29. Orixe e localización da cidade.

    •Cando foi construída Tenochtitlán?
    No 1325, S. XIV.

    •Onde se encontraba?
    En América Central, concretamente no lago Texcoco.

    •Que pobo a edificou?
    O pobo azteca, procedentes do norte da actual México.

    30. Descrición de Tenochtitlán.

    • Sobre que se levantaba a cidade?
    Os illotes ou illas primitivas foron as bases para contruír as cidades. Tenochtitlán destaca pola utilización na súa construcción de materiais como basalto, caliza, andesita ou tezontle.

    • Que edificios públicos tiña? Cantos habitantes chegou a ter? Tiña barrios?
    A cidade estaba dividida en dúas partes moi diferenciadas: a sagrada, onde se atopaban os templos e a praza principal, e a profana, onde vivía a nobreza e o resto da poboación. Edificios importantes eran o 'Templo Maior', 'Recinto de los Guerreros del Águila', 'Recinto de los Caballeros Ocelote','Templo de Tezcatlipoca', 'Residencia dos Sacerdotes', 'Templo de Quetzalcóatl', 'La Cancha del Juego de Pelota', 'Templo do Sol', 'Coateocalli','Templo de Chihuacóatl','Templo a Chicomecóatl','Templo de Xoquiquetzal', 'Tozpalatl' e 'Huey Tzompantli'.
    Tenochtitlán chegou a ter 200.000 habitantes, distribuídos nos 108 barrios dos que constaba.

    • Como era a vida dos seus habitantes? Había diferenzas entre eles?
    A nobreza vivía en torno ao mercado principal, e distribuídos xerárquicamente nos 108 barrios estaban os campesiños coas súas chinampas (método que se usaba na agricultura e que permite cultivar sobre balsas recubertas de terra, plantas ou alimento.Tamén é un sistema de expansión territorial, por iso fai de Tenochtitlán unha cidade flotante) .Cada barrio tiña edificios habitacionais e comunais, un pequeno templo, unha escola e estructuras administrativas.

    31. Evolución histórica da cidade.

    •De que imperio era capital?
    Do imperio Mexica.

    •Cando foi conquistada? Por quen?
    No 1325 polos aztecas, e máis tarde no 1521 polos conquistadores españois encabezados por Hernando Cortés.


    32.O estado actual de Tenochtitlán.

    •Segue existindo a cidade? Que cidade se levanta hoxe sobre ela? Consérvanse restos?
    Non existe, hoxe ocupa o seu lugar o estado e a cidade de México. Consérvanse edificacións como o Templo Maior e pezas que foron enterradas por eles mesmos e grazas ao cal hoxe en día se conservan en perfecto estado.

    ¡UN SAÚDO!

    ResponderEliminar