AUTOR:
THEA BECKMAN
EDITORIAL:
SM
Este
libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía
en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero
só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu
conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a
outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón
fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os
cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar
aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle
a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era
Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se
tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois
foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me
gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou
pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos
nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os
cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque
estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a
Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería
iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron
para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron
co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da
igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla
a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi
deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro.
A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten
suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.
MÓNICA FILGUEIRAS 2º A
No hay comentarios:
Publicar un comentario