Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idade Media. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de febrero de 2017

ROMÁNICO: ACTIVIDADES


 O ROMÁNICO: ACTIVIDADES



Despois de ver o vídeos e ler a información do libro contesta

1-. Indica os elementos máis cracterístico da arquitectura románica
3-. A arquitectura
  • Por que cubrían as igrexas con bóvedas de canón? Que problema podía ter este tipo de cuberta
  • Por que os muros das igrexas románicas eran grosos e con contrafortes
  • Como eran as ventás dos edificios románico? Por que? Como sería o interior?
  • Como eran as plantas máis habituais? Por que?
  • Para que podería servir o deambulatorio?

4-. Sinala as cinco características máis destacadas da escultura románica

5-. Por que dicimos que a escultura románica tiña unha finalidade  educativa e relixiosa

6-. Fíxate na imaxe. Indica que caracteríticas da escultura románica podes observar



8-. Que tipos de pintura atopamos no románico. En que se diferencia

        
         



miércoles, 28 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA
AUTOR: JORGA DEE BARNOLA
EDITORIAL ROMPECABEZAS, COLECCIÓN SABELOTODOS

Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino ….

Esta historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....

IREA CALVO, 2º ESO A

miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: CRUZADA EN JEANS
AUTOR: THEA BECKMAN
EDITORIAL: SM

Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro. A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.

MÓNICA FILGUEIRAS 2º A

lunes, 12 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: Ivanhoe
AUTOR: Walter Scott
EDITORIAL: Anaya
COLECCIÓN: Clásicos a medida

A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente.

Eu recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder. Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para saber como eran outras épocas.

Lucia Campos 2º ESO B

lunes, 1 de diciembre de 2014

A CIDADE MEDIEVAL

Despois de ver os vídeos e de ler a información do librocompra a cidade cristiana e musulmana, indicando diferenzas e semellanzas




lunes, 25 de febrero de 2013

RECONQUISTA

Nestes dous vídeos tes sendas explicacións da reconquista, unha máis detallada. Le a información do libro e logo podes ver os videos

RECONQUISTA BREVE

RECONQUISTA LONGO


artehistoriacom

miércoles, 21 de noviembre de 2012

PROBLEMAS NO SCRIPTORIUM

Fíxate no video.
Onde está a gracia do vídeo?
Por que o monxe non sabe manexar o libro?
Pasa hoxe en día algo parecido?  Con que?

martes, 20 de noviembre de 2012

A BIBLIOTECA DUN MOSTEIRO

Fixate na escea.
Quen traballa na biblioteca?
Que fan?
Terían moito valor os libros? Por que?
Sabes como se facía, con que material se facían?
Para saber máis preme aquí


Fragmento do film El nombre de la rosa de Jean-Jacques Annaud

lunes, 29 de octubre de 2012

OS CABALEIROS E A GUERRA

Un torneo e unha guerra
Despois de ver os videos contesta ás preguntas
  • Para que se facían os torneos? Quen participaba neles? Fíxate nas armas, nos cabalos, etc, estaría ó alcance de todo o mundo?
  • Fíxate na batalla do segundo video. Son cabaleiros  todos os que loitan? Como os diferencias? 
  • Que é unha Mesnada
  • Como chegaba un home a ser cabaleiro?



Fragmento da película Ivanhoe de 1982. Dirixida por Douglas Carnfield. Baseada na novela de Walter Scott

lunes, 15 de octubre de 2012

Vikingos


Fragmentos da película "Los Vikingos" dirixida en 1958 por Richard Fleischer e interpretada por Kirk Douglas, Tony Curtis, Ernest Borgnine, Janet Leigh





Documental da canle de historia sobre os viquingos e a súa expansion polo mundo.




Podes atopar máis información en
http://www.vidasdefuego.com/a-civilizacion-vikingos.htm
http://www.arteguias.com/historiavikingos.htm



OS NORMANDOS INVADEN INGLATERRA



ACTIVIDADE 9 PÁXINA 39: Despois de ver o vídeo unha soa vez fai un resumo de 8-10 liñas

O tapiz de Bayeux , tamén coñecido en Francia como Tapiz da raíña Matilde (en francés: Tapisserie de Bayeux, en inglés: Bayeux Tapestry), é un gran lenzo bordado de case 70 metros, peza única da arte do século XI, que relata mediante unha sucesión de imaxes con inscricións en latín os feitos que precederon á conquista de Inglaterra polos normandos, en conmemoración da batalla de Hastings. No tapiz está representados máis de 600 persona, 500 animais, case 40 edificios, ouros tantos barcos, etc. Dende os anos 1980, o orixinal consérvase e exhibe no Centre Guillaume lle Conquérant da cidade de Bayeux, en Normandía e foi presentado para a súa inscrición no 2007 no Programa Unesco para a Memoria do Mundo (Da Wikipedia. Pra saber máis preme aquí)