Mostrando entradas con la etiqueta cabaleiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabaleiros. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: Ivanhoe
AUTOR: Walter Scott
EDITORIAL: Anaya
COLECCIÓN: Clásicos a medida

A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente.

Eu recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder. Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para saber como eran outras épocas.

Lucia Campos 2º ESO B

lunes, 29 de octubre de 2012

OS CABALEIROS E A GUERRA

Un torneo e unha guerra
Despois de ver os videos contesta ás preguntas
  • Para que se facían os torneos? Quen participaba neles? Fíxate nas armas, nos cabalos, etc, estaría ó alcance de todo o mundo?
  • Fíxate na batalla do segundo video. Son cabaleiros  todos os que loitan? Como os diferencias? 
  • Que é unha Mesnada
  • Como chegaba un home a ser cabaleiro?



Fragmento da película Ivanhoe de 1982. Dirixida por Douglas Carnfield. Baseada na novela de Walter Scott