domingo, 22 de marzo de 2015

CULTURAS PRECOLOMBIANAS

1-. LE A INFORMACIÓN DAS PÁXINAS 144-145 E CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS (BUSCA INFORMACIÓN FORA DO LOBRO SE O NECESITAS)

1.1-.Indica en que paises actuais se desenvolveron as civilizacións Maias, Azteca e Inca e sinala as datas

1.2-. Cal das tres estaba en decadencia cando chegaron os Españois? Cal era a causa?

1.3-. Cal chegou a formar o maior imperio da América Precolombiana

1.4-. Os aztecas estaban en plena expansión cando chegaron os Españois. Que pasaba cos pobos vencidos? Cres que os españois terían dificultades para conseguir aliados contra os Aztecas?

1.5-. Indica dous elmentos comúns da organización social das tre civilizacións

1.6-. Cal era o cultivo máis extendido na América Precolombiana. Sinala outros cultivos comúns as tres civilizacións e algún que sexa particular dalguha delas

1.7-. Que medios de transporte utilizaban?

1.8-. Como eran as súas armas?

1.9-. Indica o aspecto que mais te chamou a atención de cada unha destas ciovilizacións e busca información sobre o mesmo fora do libro

2-. FAIS AS ACTIVIDADES DA PÁXINA 155
Podes  ver estes vídeos. Para ter mái información segue os enlaces
http://elgrantenochtitlan.blogspot.com.es/
http://revistea.com/historia/la-gran-ciudad-azteca-de-tenochtitlan/



miércoles, 28 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA
AUTOR: JORGA DEE BARNOLA
EDITORIAL ROMPECABEZAS, COLECCIÓN SABELOTODOS

Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino ….

Esta historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....

IREA CALVO, 2º ESO A

miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: CRUZADA EN JEANS
AUTOR: THEA BECKMAN
EDITORIAL: SM

Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro. A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.

MÓNICA FILGUEIRAS 2º A

lunes, 12 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: Ivanhoe
AUTOR: Walter Scott
EDITORIAL: Anaya
COLECCIÓN: Clásicos a medida

A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente.

Eu recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder. Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para saber como eran outras épocas.

Lucia Campos 2º ESO B

lunes, 1 de diciembre de 2014

A CIDADE MEDIEVAL

Despois de ver os vídeos e de ler a información do librocompra a cidade cristiana e musulmana, indicando diferenzas e semellanzas




miércoles, 15 de octubre de 2014

AL-ANDALUS: SOCIEDADE E CULTURA


Despois de ver o vídeo e ler o apartado 03.3 e 03.4 do libro (pax50-51) contesta ás preguntas
  1. Que grupos musulmáns formaban a sociedade de Al-Andalus? Cal deles tiña unha mellor situación social? Cal cres que era o máis numeroso?
  2. Que grupos non musulmáns había?
  3. Como se chaman os cristiáns convertidos ó islam? Que vantaxes podía ter para un cristián converterse ó islam?
  4. Fíxate na información sobre a cidade: Que é a Medina? Que son os arrabaldes? Que é unha alcaicería?
  5. Resume as principais caracteríticas da economía en Al-andalus
  6. Indica algunha aportacións importantes do islam a economía e a cultura da Península Ibérica?



Framento de Memoria de España, seros de RTVE. Se queres ver o capítulo completo podes ir a páxina de RTVE (picha aquí). Non está mal para repasar o tema 6 e parte do 7 dun xeito diferente. seguro que agora o entendes mellor

domingo, 16 de febrero de 2014

IRMANDIÑOS

DESPOIS DE VER O VIDEO E LER O LIBRO CONTESTA
  1. Por que se forman a Irmandades?
  2. Que obxectivos teñen?
  3. Quen forma as Irmandades?
  4. Por que apoia o rei ás Irmandades?
  5. Que fixeron os grandes señores ante as demandas dos irmandiños?
  6. Por que atacaban ás fortalezas? Cantas derrubaron?
  7. Como recuperou a alta nobreza o control das súas terras? Que fixeron cando recuperaron o poder?
  8. Hai algunha revolta parecida nalgunha outra parte da península nesta mesma época? Onde? Que a protagoniza? Como acaba?

lunes, 30 de septiembre de 2013

BAÑOS ÁRABES


Podes consultar a péxina 103 do libro antes de contestar ás preguntas
Por que cres que eran tan importantes os baños públicos nas cidades musulmanas?
Quen os usaba? Como?
Que partes tiñan?
Busca información sobre as termas romanas e sinala os parecidos entre os baños árabes e as termas romanas. A que cres que se poden deber?

Baixa o documento coas preguntas pinchando aquí. Unha vez cuberto debes envialo ao profesor.