Título:
Cruzada en “jeans”
Autora
:Thea Beckman
Ilustradores:
J. M. Navia e Yolanda Álvarez
Editorial:
SM
Este
libro cóntanos a historia de Dolf, un rapaz do S. XXI que é
teletransportado ao ano 1212. Alí vese inmerso nunha cruzada
infantil na que vive aventuras inesquecibles e descobre verdadeiros
valores que na súa vida real non vivía, entre os que destaca a
amizade e a lealtade. Para sobrevivir todos teñen que coidar de
todos, colaborar e ser solidarios. Paréceme moi recomendable porque
ademais de estar ambientada na Idade Media e tratar diversos aspectos
sobre esta época, exprésanse claramente valores, hoxe en día
infravalorados, como a lealtade ou amizade dun xeito moi especial.
Recomendo
este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes o
propio personaxe.
Eva
Fernández Paderne – 2º ESO A- Nº 6