lunes, 28 de enero de 2013

LIBROS


    Autora :Thea Beckman
    Ilustradores: J. M. Navia e Yolanda Álvarez
    Editorial: SM
Este libro cóntanos a historia de Dolf, un rapaz do S. XXI que é teletransportado ao ano 1212. Alí vese inmerso nunha cruzada infantil na que vive aventuras inesquecibles e descobre verdadeiros valores que na súa vida real non vivía, entre os que destaca a amizade e a lealtade. Para sobrevivir todos teñen que coidar de todos, colaborar e ser solidarios. Paréceme moi recomendable porque ademais de estar ambientada na Idade Media e tratar diversos aspectos sobre esta época, exprésanse claramente valores, hoxe en día infravalorados, como a lealtade ou amizade dun xeito moi especial.
Recomendo este libro porque descubriredes outra época coma se fósedes o propio personaxe.

Eva Fernández Paderne – 2º ESO A- Nº 6

No hay comentarios:

Publicar un comentario