domingo, 31 de marzo de 2013

AS VIAXES DE COLON

Despois de ver os vídeos contesta ás preguntas
Que tipo de barcos leva Colon? Por que?
Que tipo de barcoera “la Gallega”? Que problema tiña?
Que terras descubre Colón nas súas viaxes?
Para saber máis pincha aquí e contesta as seguintes preguntas
Por que viaxou cara ó sur ata as canarias?
Canto durou a viaxe?
Por que algunhas persona sabias da época non apoiaban o proxecto de Colón
Mas información en
http://www.elhistoriador.es/descubrimientoinstrumentos.htm
http://olmo.pntic.mec.es/jtac0001/historia/exploradores/colondos.htm






2 comentarios:

  1. Ola Santi, son Eva de 2º A:
    Pregunta 1:
    Colón levaba dúas carabelas e unha nao. Eran barcos de vela, os máis adecuados para esta viaxe, xa que quería aproveitar os ventos alisios que os guiaba cara o oeste.

    Pregunta 2:
    'La Gallega' era unha nao, na que viaxaba Colón. O seu problema é que era moi pesada e non era a máis apropiada para ser usada nos descubrimentos.

    Pregunta 3:
    A primeira illa á que chega é a de Guanahani, situada entre as illas do Caribe en América Central.

    Pregunta 4:
    Parou nas illas Canarias para realizar algunhas reparacións nas naves, e partiu de aquí un mes e 3 días máis tarde.

    Pregunta 5:
    Viaxe ás Canarias-> dura 1 mes e 3 días
    Viaxe á "India" dende as Canarias -> algo máis de 5 semanas.

    Pregunta 6:
    Porque consideraban que a distancia entre as costas ibéricas e as de extremo oriente eran insuperables para os barcos da época. Dise que Colón pensaba que entre as costas españolas e as asiáticas habría sobre 5.000 km, cando realmente esa cantidad habería que multiplicarla por catro. Por sorte para o proxecto castelán,no medio estaba América.
    ¡Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Ola Santi!! Son Sara Campos de 2ºB.

    Que tipo de barcos leva Colón? Por que?
    Levaba dúas carabelas e unha nao. Porque como tiñan velas eran os máis axeitados para aproveitar os ventos alisios que os impulsaban cara ao oeste.

    Que tipo de barco era “la Gallega”? Que problema tiña?
    Era a Santa María, unha nao e na que viaxaba Colón. Tiña o problema de ser moi pesada e non era a máis axeitada para os descubrimentos.

    Que terras descubre Colón nas súas viaxes?
    Na primeira viaxe a primeira illa que descubre é Guanahani (nas Bahamas), hoxe San Salvador; logo as actuais Cuba e Haití e A Española. Na segunda viaxe a Dominica, Puerto Rico e Xamaica. Na terceira viaxe, a illa de Trinidade; explora a costa venezolana e chegou ao Golfo de Paria descubrindo a desembocadura do Orinoco; dcubre as illas de Tobago, Granada e Margarita. E na cuarta viaxe chegou a Santo Domingo e a Honduras e as costas continentais centroamericanas.

    Por que viaxou cara ó sur ata as Canarias?
    Para acadar a costa asiática atravesando o Atlántico e nas Illas Canarias poder realizar algunhas reparacións nas embarcacións: arranxou o timón de “La Pinta” e substituíu as súas velas triangulares orixinais por unhas cadradas para facela máis rápida.

    Canto durou a viaxe?
    A expedición saíu de Palos de la Frontera (Huelva) o 3 de agosto de 1492 e chegan ao Novo Mundo o 12 de outubro de 1492, pero estivera nas Canarias ata o 6 de setembro dende a súa saída (1 mes e 3 días). Polo que desde Canarias lle levou 1 mes e 6 días.

    Por que algunhas persona sabias da época non apoiaban o proxecto de Colón?
    Por non coñecerse a distancia exacta que separaría as costas españolas das de Asia, pensaban que se equivocaba ao calcular as distancias que as separaban. Parece que Colón era seguidor das teorías de Ptolomeo e calculaban a circunferencia da Terra polo menos unha cuarta parte máis pequena do que era en realidade. Tamén o rexeitaban porque pensaban que Colón subestimaba as distancias e tamén con argumentos non moi científicos como que se se cruzaba o ecuador “cara abaixo” sería difícil regresar “costa arriba” desa viaxe.

    Un saúdo!!

    ResponderEliminar