martes, 2 de abril de 2013


FIXATE NO PRIMEEIRO MAPA
Que terras falta por que?
Cales están mellor trazadas? Por que?
Cales están peor trazadas? Por que? Que información tiñan os europeos desta época sobre esas terras?
Poderias indicar de que época es este mapa?

FÍXATE NO SEGUNDO MAPA
Indica as diferencias
Poderías indicar as data deste mapa? Argumenta a túa resposta?



2 comentarios:

  1. Ola Santi! Son Eva de 2º A
    A data do primeiro mapa correspóndese a unha anterior a 1482, porque ademais de non estar América(descuberta en 1492),nesta data Diogo Cao e Bartolomé Días xa realizaran expedicións e viaxes bordeando África e chegando ata o Cabo de Boa Esperanza, zonas que non aparecen.
    As terras mellor trazadas son as que rodean o Mediteráneo e Europa en xeral. Aparecen case perfectamente trazados os mares e estreitos do sur europeo, agás no norte, onde aparecen menos perfeccionados porque se realizaban menos expedicións, tanto polas condicións meteorolóxicas como pola escasa existencia do comercio, que era o que principalmente atraía aos navegantes. Está mal trazada toda África, agás o norte, xa que é moi pequena e irregular; o polo norte non aparece e o polo sur moi descompensado. Asia tiña un trazado xeral, pero pouco perfecionado e sen moitas illas. Oceanía non aparece, aínda que algunha illa podería representar Australia. Por estas zonas o mapa está peor trazado porque case a única referencia que tiñan da zona era a que deixara Marco Polo.
    O segundo mapa pertence á Idade Moderna, aproximadamente ao 1522(cando Elcano chega á península unha vez dada a volta ao mundo), porque xa aparecen trazados todos os continentes: Asia, África e Europa están case perfectamente debuxadas, Oceanía está demasiado preto do polo sur pero o terreo é case exacto. América do Norte e do Sur están moi descompensadas e mal trazadas, porque aínda se realizaran poucas viaxes, pero América Central está bastante ben, porque as escasas expedicións eran a esa zona; e finalmente, os polos están ambos demasiado grandes con respecto á realidade.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Ola Santi! Son Sara Campos de 2ºB.

    No primeiro mapa non aparece América, que se descubriu en 1492, e as terras mellor trazadas son as de Europa e as que están próximas ao Mediterráneo. Os mares e zonas do sur de Europa vense ben definidos, mais na zona norte non están tan ben trazados, xa que os navegantes non facían tantas rutas por esas zonas debido á súa climatoloxía e ao pouco comercio. África tampouco está moi ben trazada, menos a zona próxima ao Mediterráneo, vese moi pequena e cunha forma moi distinta á actual. Asia vese pouco perfeccionada e con poucas illas. Oceanía non se aprecia, unicamente unha illa que puidera ser Australia. O Polo Norte non aparece pero si o Polo Sur, que tampouco ten moito que ver co actual. Nesta época os europeos tiñan como única referencia a información que deixara Marco Polo. Penso que este mapa é dunha época anterior ao descubrimento de América (1492), xa que este continente non aparece, e mesmo anterior ás expedicións dos portugueses, Diogo Cao e Bartolomé Días, que xa bordearan África e pasaran polo Cabo de Boa Esperanza, zonas que tampouco aparecen; polo que podo dicir que este mapa é anterior a 1482.

    O segundo mapa considero que é posterior a 1522, despois de que Elcano chegara de dar a volta ao mundo, porque xa están debuxados todos os continentes: Europa, Asia, África, América e Oceanía. Os tres primeiros paréceme que están ben definidos; sen embargo Oceanía está moi próxima ao Polo Sur e América do Norte e do Sur non están moi ben trazadas, pois aínda se fixeran poucas expedicións a esas terras, pero América Central está bastante lograda porque a maioría das viaxes eran a esas terras. Aparecen os dous polos, aínda que máis grandes que na actualidade.

    Saúdos!!

    ResponderEliminar