miércoles, 28 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA
AUTOR: JORGA DEE BARNOLA
EDITORIAL ROMPECABEZAS, COLECCIÓN SABELOTODOS

Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos.
Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino ….

Esta historia é moi interesante e recoméndoa a todas as persoas en xeral, pero sobre todo, as que lles guste a historia tanto como a min. Apréndense moitas cousas da historia de Al-Andalus e da vida desta civilización, xa sei de onde ven a frase ``llora como mujer lo que no supiste defender como hombre´´ ,díxollo súa nai, que cruel, se o pobre Boabdil so seguía as súas indicacións.....

IREA CALVO, 2º ESO A

miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: CRUZADA EN JEANS
AUTOR: THEA BECKMAN
EDITORIAL: SM

Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf e vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época,e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos.Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí.Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María ,unha nena da cruzada,quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos.Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salvalos fixéronse pasar por axudantes do demo. Logo os cruzados dirixíanse a Xénova e a Rudolf paareceulle extraño porque estaba moi lonxe de Xerusalén.Cando chegaron Augustus contoulle a Rudolf que os ían levar en naves para vendelos e que el non quería iso. Despois conseguiron que iso non pasara e algúns nenos volveron para as súas casas e outros quedaron en Xénova, o resto seguiron co viaxe a Xerusalén pero moitos xa quedaron polo camiño. Cerca da igrexa de san Nicolás encontraron unha caixa de aluminio e déronlla a Rudolf, era unha carta para volver ao futuro. O Bispo de Brindisi deulles unhas naves para ir a Venecia e Rudolf volveu para o futuro. A min este libro gustoume porque ten moitas aventuras, tamén ten suspense e explica cousas da Idade Media dunha forma interesante.

MÓNICA FILGUEIRAS 2º A

lunes, 12 de enero de 2015

LECTURAS DO ALUMNADO

TÍTULO: Ivanhoe
AUTOR: Walter Scott
EDITORIAL: Anaya
COLECCIÓN: Clásicos a medida

A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192.
Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente.

Eu recomendaría este libro xa que aprendes moitos coñecementos sobre a época, pero tamén penso que se non tes unha lixeira idea de como era a sociedade daqueles tempos en Inglaterra que te podes perder. Tamén a obra é algo confusa xa que aparecen moitísimos personaxes con nomes moi complicados, e eu por exemplo tiña que volver atrás para enterarme de quen era a personaxe. Pero polo demais gustoume bastante e creo que é un clásico que todos deberiamos ler para saber como eran outras épocas.

Lucia Campos 2º ESO B