miércoles, 15 de mayo de 2013

LECTURAS


Autores: Carlota e Arturo Pérez-Reverte
Ilustracións: Joan Mundet

Diego Alatriste é un soldado que participou nos Tercios de Flandes en época de Felipe IV, xunto co seu inseparable amigo Lope de Balboa. Este último morre en guerra e Alatriste debe coidar do seu fillo, Íñigo de Balboa, quen xunto a Francisco de Quevedo, entre outros, se encargarán de salvarlle a vida máis dunha vez por algunha conta pendente co temido inquisidor fray Emilio Bocanegra. É un libro cheo de aventuras e acción, ideal para coñecer a vida na España do século XVII.
Aínda que cada personaxe me parece interesante pola súa faceta no libro, o que máis me gustou sen dúbida foi Francisco de Quevedo. Era un home que non tiña medo a proclamar todas as súas ideas e descontentos coa nobreza, e criticaba a Felipe IV en moitos dos seus poemas e sonetos, por iso a miúdo estaba encarcelado.
Hai moitos momentos que me gustan do libro, pero os dous que máis destacaría serían estes:
No capítulo 'El portillo de las ánimas', cando Íñigo de Balboa sae na defensa do capitán e dispara a un dos atacantes, xa que me parece un acto de valentía moi emocionante pola reacción seca pero no fondo agradecida do capitán, máis tratándose dun neno de 13 anos quen lle salvou a vida.
E tamén ao final do libro, no último capítulo 'El sello y la carta', xa que se ve cómo finalmente a valía e o coraxe de Diego Alatriste son recompensados ata polos altos cargos, a quen lles sería máis cómodo desprecialo e ignoralo coma se non pasase nada.

É unha obra moi recomendable, aínda que quizais para maior idade, xa que pese a ter un argumento non moi complicado, algunhas expresións ou ironías que se usan non son fáciles de captar para os 13 anos, dende o meu punto de vista. Pero é un libro sobre todo moi interesante polo ben que retrata a época.


Eva Fernández Paderne, 2º A

martes, 2 de abril de 2013


FIXATE NO PRIMEEIRO MAPA
Que terras falta por que?
Cales están mellor trazadas? Por que?
Cales están peor trazadas? Por que? Que información tiñan os europeos desta época sobre esas terras?
Poderias indicar de que época es este mapa?

FÍXATE NO SEGUNDO MAPA
Indica as diferencias
Poderías indicar as data deste mapa? Argumenta a túa resposta?



lunes, 1 de abril de 2013

domingo, 31 de marzo de 2013

AS VIAXES DE COLON

Despois de ver os vídeos contesta ás preguntas
Que tipo de barcos leva Colon? Por que?
Que tipo de barcoera “la Gallega”? Que problema tiña?
Que terras descubre Colón nas súas viaxes?
Para saber máis pincha aquí e contesta as seguintes preguntas
Por que viaxou cara ó sur ata as canarias?
Canto durou a viaxe?
Por que algunhas persona sabias da época non apoiaban o proxecto de Colón
Mas información en
http://www.elhistoriador.es/descubrimientoinstrumentos.htm
http://olmo.pntic.mec.es/jtac0001/historia/exploradores/colondos.htm






lunes, 25 de febrero de 2013

RECONQUISTA

Nestes dous vídeos tes sendas explicacións da reconquista, unha máis detallada. Le a información do libro e logo podes ver os videos

RECONQUISTA BREVE

RECONQUISTA LONGO


artehistoriacom

miércoles, 6 de febrero de 2013

ALMANZOR


Despois de ver o vídeo contesta ás preguntas
  1.  Ata onde chegaron os ataques de Almanzor?
  2. Como o chamaban? Cres que é un alcume apropiado?
  3. Por que se acompañaba de poetas e músicos nas súas campañas?
  4. Que pasou trala súa morte?
  5. Que son os reinos Taifas?




Framento de Memoria de España, seros de RTVE. Se queres ver o capítulo completo podes ir a páxina de RTVE (picha aquí). Non está mal para repasar o tema 6 e parte do 7 dun xeito diferente. seguro que agora o entendes mellor

martes, 5 de febrero de 2013

CONQUISTA MUSULMANA

Despois de ver o vídeo contesta ás preguntas

  1. Cal era a capital do Imperio Islámico?
  2. Cando chegan os musulmáms a Península?
  3. Quen os dirixe? De onde proceden a maioría dos invasores? Cantos son?
  4. Canto tempo tardaron en conquistar  todo o reino Visigodo?
  5. Por que foi tan rápida? Que circustancias favoreceron a conquista?

lunes, 4 de febrero de 2013

LIBROS


Título: Y le llamaron Colón
Autor: Jordi Sierra i Fabra
 Me parece una novela entretenida, amena y tierna en la que se cuenta una historia de amor entre dos jóvenes y en la que siempre está presente la idea de Cristóforo de descubrir nuevas tierras al mando de su propia nave. Trata también algunos valores como la amistad, el respeto, la caridad, el altruismo... Os recomiendo su lectura, seguro que pasaréis unos momentos agradables.

Sara Campos González   2ºESO B